Son David Viña,
desenvolvedor web
ou full stack developer especializado en WordPress
Pico código, pero antes era taxista 🚕
Noutra vida, fai uns anos eu era taxista, pero xa entón era un fan da tecnología. Analizaba cada smartphone que saía o mercado e chegaba as miñas mans.
Era o primeiro en instalar as últimas actualizacións por moi en beta que estivesen. Sempre me gustou trastear.
E xusto por esa inquietude meteuseme entre cella e cella facer unha aplicación para Android para levar as contas, porque claro, unha folla de excel como que era de «vellos».
O que estudié nos cursos que fixen da Inxienería Industrial non me valeron de moito. Así que fixen o que creía que faría todo o mundo na mesma situación. Inscribirme nun curso de informática o lado da casa? Non! Gastar varios miles de euros nunha mega formación online ultra-práctica? Tampouco. Púxenme a investigar pola miña conta como desenvolver aquela aplicación en Android.
Vín moitos vídeos sobre Java, HTML, CSS3, JavaScript e outras palabrotas en inglés. Estiven moitas horas na parada de taxis picando código con todo o aprendido. E funcionou, a app cumplía co seu propósito (bueno, ainda cumple 😉) de levar as contas do taxi no meu móvil e coas súas copias de seguridade nun servidor.
Estaba eufórico así que viñeron novos retos. E desde entón xa non parei 😉.
Desenvolvo en WordPress, o xestor de contido máis utilizado do mundo
Un CMS con gran flexibilidad que permite desenvolver desde unha web corporativa ata unha tenda online con miles de artigos e funcionalidades.
Traballar cun xestor de contido tan extendido aporta tranquilidade.
Dous motivos para traballar conmigo
Agora adícome en exclusiva a desenvolver webs en WordPress. Co código máis lixeiro e limpo posible. Igual que na regata a vela “Ocean Race” na que os equipos alixeran o máximo o peso do barco para gañar velocidade, chegando incluso a cortar o mango dos cepillos de dentes, eu sigo o mesmo principio cas webs que desenvolvo.
O motivo? O primeiro é que unha web lixeira consume menos enerxía, polo que reducimos a huella enerxética do planeta. E é que ainda que o teu móvil non vote fume, si sumamos os millóns de móviles, ordenadores e tablets que utilizamos cada día a cousa cambia.
Si alixeramos o peso dunha web reduciremos a enerxía necesaria para cargala, non en un só dispositivo senón en miles de millóns. É un reto que merece a pena.
O segundo motivo é que Google, ademáis doutros factores, posiciona mellor as webs que tardan menos en cargar. É decir se a túa web carga máis rápido ca da túa competencia existen moitas posibilidades de posicionar por riba.
Un match perfecto entre a túa web e Google
Tanto se é para desenvolver un ecommerce multi-idioma ou unha web con miles de formularios sincronizados a unha base de datos, pasando por suposto por unha web corporativa o uso, escríbeme a hola@davidviña.es e xuntos farémolo posible.